Hoxe queremos ofrecer un titorial paso a paso moi moi sinxelo, para que vos animedes a experimentar, é o clásico corte de veas no boneco, aínda que poderedes repetir o proceso en calquera zona para simular unha cicatriz na cara, un corte na nariz...etc.
O xogo que nos dá o pulso é que co movemento ao ser materiais flexibles lle dá un realismo total, xa que parece abrirse e pechase como un corte de veas auténtico.
Esperamos que vos guste!
Paso1: Aplica unha pequena cantidade de adhesivo na zona onde realizarás o corte. (Spirit Gum Ben Nye)
Paso 2: Quentamos a carne artificial (tamén chamada cera ou dermawax) na man coa axuda dunha espátula e un secador, desta forma será moi doado de modelar e obter a forma deseada.De a marca Grimas
Paso 3: Coa espátula aplicamos a carne artificial sobre a zona elixida previamente.
Paso 4: Aplicamos un pouco de maquillaxe á auga vermello coa axuda dun pincel na ferida, para conseguir profundidade e poñeremos sangue artificial líquido no corte cun pincel, enche sen medo o efecto será de sangue que sae dese corte. Podes facer efectos máis ou menos marcados segundo a cantidade de sangue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario